Tecnoloxía

Escrito por ianpaice o Thu, 17/04/2008 - 16:36.
Foto de ianpaice

Desde o concello informan de que proximamente se vai impartir un curso de deseño Web e para aqueles que estean interesados ten as seguintes características:

Coste da Matricula 10€, para os alumnos da UNED ou do IES de foz 7€

Duración: 35 horas, do 23 de Abril ó 4 de Xuño

Horario: De 18:30 a 21:30

Válido por 2 créditos de libre configuración.

Máis información no teléfono 982141544 e no correo foz@a-coruna.uned.es

Un saudo.

Escrito por foz o Fri, 04/04/2008 - 15:15.

A 2 anos vista da data oficial na que tódalas emisións televisivas pasarán a ser exclusivamente dixitais [o chamado Apagón Analóxico], un pequeno reducto de afoutados galegos adiántanse ó plan e realizarán o seu paso á tecnoloxía televisiva dixital a partir de mañá sábado 5 de abril.

A partir de mañá, os veciños da Fonsagrada disporán de 22 canles de TDT e servirán como coellos de indias para comprobar en un entorno real como será a transición migración e como influirá nos usuarios.

Como non, todo acto que se precie debe ter políticos e autoridades varias. E, polo visto este debe ser moi importante, pois o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, será o encargado de presidilo e contará con varias autoridades, entre as cales, como é de supoñer, estará o Sr. Alcalde da Fonsagrada.

Tamén haberá "festa-jolgorio" amenizada por Rosa Cedrón e o grupo Cómplices.

Via: vertele.com
+ info: Europa Press

Escrito por foz o Thu, 03/04/2008 - 11:41.

 

Está en inglés e xa ten algún tempo, pero vale a pena adicarlle a hora e media escasa que dura.

 

Via: davidgp.com

Escrito por dpurple o Thu, 28/02/2008 - 08:43.
Foto de dpurple

Acabo de leer en CodigoCero.com que a comisión europea multa outra vez a Microsoft, agora con 899 ou 900 millons de €  que se suman a outras sanción anteriormente mencionadas de un 400 ou 500 millón máis, e estou a dar datos aproximados, pois a verdade e que a Microsoft non creo que lle faga moito un millon mais ou menos. Isto cabeme pensar se tería algo que ver a "liberalización de código" , igual se pensaron que si liberaban lle rebaixarían a pena ou algo así. Igualmente comentar que persoalmente e por comentarios que se fixeron na radio ultimamente, creo recordar que fora Suso Baleato coordinador do proxecto Mancomun.org o que aclaraba que en realidade a libreralización de código era algo entrecomillado, e no caso de existir quedaría betado para certa parte da poboación, ou desenroladores especificos... pois nada a leer a nova.

Sau2

Escrito por foz o Tue, 26/02/2008 - 22:26.
Windows Mobile
0% (0 votes)
Symbian OS
0% (0 votes)
Android
0% (0 votes)
Ubuntu Mobile
100% (4 votes)
LiMo
0% (0 votes)
Mobile OS X
0% (0 votes)
Palm OS
0% (0 votes)
Outros
0% (0 votes)
Os móbiles levan Sistema Operativo?
0% (0 votes)
Non uso móbil!
0% (0 votes)
Total votes: 4
Escrito por foz o Fri, 22/02/2008 - 09:23.

Fai un més enterabámonos da nova de que o señor Bill Gates pretendía deixa-lo seu cargo de C.E.O. de Microsoft.

Fai uns días outra nova impactante volvia a sorprendernos: Microsoft publica as especifcacións dos seus formatos de arquivo de Office.

E hoxe mesmo, en distintos medios se recolle a nova de que Microsoft, de xeito similar ó que fai Google, publicará documentación das API dos seus productos máis extendidos, permitindo así a calquer desenvolvedor de software [incluso libre] poder realizar aplicacións compatibles cos seus productos. É 20máis, esta documentación será de acceso libre [si, gratuito] e xa avanza que non demandará a aqueles programadores de aplicacións libres que publiquen a documentación [sempre e cando non sexa con ánimo de lucro].

Escrito por foz o Wed, 20/02/2008 - 13:04.

Tux Droid

Leo en xataka que os de thinkgeek.com acaban de  por á venda un novo gadget realizado a imaxe da nosa mascota favorita.

¿Para que serve? Pois básicamente para trastear un pouco, pois este pequeno é capaz de chisca-los ollos, move-las alas, xirar ós lados...

Dispón de varias entradas e varias saidas [sensores de luz, infravermellos, sensores de presión, micrófono, altofalantes,...]

É completamente compatible con linux [kernel 2.4 e posteriores] e prográmase en python.

Funciona a pilas e sae á venda por $99.99.

 

Se sodes forofos do Tux e vos apetece trastear un pouco con python, aproveitade á oportunidade.

 

Actualización:

En este portal [ http://www.tuxisalive.com/ ] atoparedes un montón de documentación e tutoriais sobre o gadget.

Escrito por foz o Thu, 24/01/2008 - 09:46.

Segundo comunica a bitácora oficial de DELL [ direct2dell.com ], España xa é o cuarto país europeo que pode adquirir oficialmente equipos DELL con UBUNTU pre-instalada.

Concretamente, o modelo que vai iniciar esta oferta será o XPS 1330,  que traerá unha Gutsy Gibbon [7.10].
Supoño que, a partir de abril, cando saia a Hardy Heron [8.04], xa haberá algún outro modelo. Quen sabe, se cadra con AMD.

Podedes atopar unha reseña sobre o producto en Xataka.com.

Escrito por ianpaice o Sun, 01/07/2007 - 22:38.
Foto de ianpaice

IgaliaFai pouco a Voz de Galicia sacou un reportaxe sobre unha pequena empresa galega montada por dez rapaces recén titulados en Galicia. A súa proxección internacional e o desenvolvemento especializado de Gnome para todo tipo de dispositivos permiteulles crecer enormemente. Desde logo unha historia interesante.

Quédome con unha frase do final do reportaxe:

"Pero hay ciertas cosas que uno tiene que intentar antes de cumplir los treinta"

Enlace ó reportaxe

Enlace a Igalia

Escrito por ianpaice o Mon, 18/06/2007 - 01:53.
Foto de ianpaice

Aqui vos deixo unhas demostracións sobre o que se pode ser capaz de percibir a través de uns simples auriculares. Segundo dicen na demostración, todo está no noso cerebro. É realmente impresionante.

 

PD: Estamos percibindo problemas moi persistentes co dominio rexistrado en CDMON.COM. Está en estudio trasladar a outro proveedor que den millor servicio... Haberá noticias pronto.

versión XML