Outros

Escrito por foz o Tue, 06/05/2008 - 20:38.

Neal Stephenson, autor de, entre outras, "In the beginning.. was the command line" e "Criptonomicom" volve o proximo setembro con "Anathem".

Despois de xa 4 anos dende que editara a súa última obra de ficción en solitario ["El Ciclo Barroco"], ambientada no século 18, ofrecerá en este novo título a súa particular visión dun futuro caótico. [moi cyberpunk].

Escrito por foz o Fri, 04/04/2008 - 15:15.

A 2 anos vista da data oficial na que tódalas emisións televisivas pasarán a ser exclusivamente dixitais [o chamado Apagón Analóxico], un pequeno reducto de afoutados galegos adiántanse ó plan e realizarán o seu paso á tecnoloxía televisiva dixital a partir de mañá sábado 5 de abril.

A partir de mañá, os veciños da Fonsagrada disporán de 22 canles de TDT e servirán como coellos de indias para comprobar en un entorno real como será a transición migración e como influirá nos usuarios.

Como non, todo acto que se precie debe ter políticos e autoridades varias. E, polo visto este debe ser moi importante, pois o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, será o encargado de presidilo e contará con varias autoridades, entre as cales, como é de supoñer, estará o Sr. Alcalde da Fonsagrada.

Tamén haberá "festa-jolgorio" amenizada por Rosa Cedrón e o grupo Cómplices.

Via: vertele.com
+ info: Europa Press

Escrito por foz o Wed, 19/03/2008 - 14:43.

WikiMedia Commons : Image:Clarke sm.jpg

 Sir Arthur Charles Clarke: [ Minehead, Somerset, U.K. 16/12/1917 - Colombo, Sri Lanka 19/03/2008 ].

Autor de, entre outras obras, a saga clásica da sci-fi: "Odisea" baseada nun relato curto previo "The Sentinel" e que tamén deu pé á versión cinematográfica do mesmo nome dirixida por Stanley Kubrick.

 Clarke, de 90 anos de idade, falecía aproximadamente ás 21:30 [hora española, 1:30 hora de Sri Lanka] debido a problemas respiratorios.

Escrito por foz o Tue, 18/03/2008 - 09:09.
xkdc.com : Morning
Escrito por foz o Tue, 26/02/2008 - 22:26.
Windows Mobile
0% (0 votes)
Symbian OS
0% (0 votes)
Android
0% (0 votes)
Ubuntu Mobile
100% (4 votes)
LiMo
0% (0 votes)
Mobile OS X
0% (0 votes)
Palm OS
0% (0 votes)
Outros
0% (0 votes)
Os móbiles levan Sistema Operativo?
0% (0 votes)
Non uso móbil!
0% (0 votes)
Total votes: 4
Escrito por foz o Sun, 24/02/2008 - 00:06.

O pasado domingo, 17 de febreiro, a canle norteamericana NBC estreaba "Knight Rider".

A TV movie de 2 horas de duración (incluidos comerciais) ven a ser unha [nova] secuela da clásica serie homónima dos oitenta [en España "El Coche Fantástico"].

Coa película/piloto, pretenden relanza-la historia e que de aí saia unha serie [vese que están faltos de ideas], anque non é seguro de todo.

Escrito por foz o Sat, 23/02/2008 - 23:06.

Seguramente moitos oistes falar da película de 1982 "Blade Runner" de Ridley Scott [sobre todo últimamente que se puxo á venda a "o montaxe final"].

A película, baseada en unha obra de Philip K. Dick "Do androids dream of electric sheep?" ("¿Soñan os androides con ovellas eléctricas?") e protagonizada por Harrison Ford, amosaba un futuro caótico onde os avances tecnolóxicos non significaban un maior nivel de vida. Precisamente este feito a levou a convertirse nun dos estandartes do movemento Cyberpunk.

O que ó mellor non sabedes todos é que, 2 anos despois, un señor chamado William Gibson publicaba a súa primeira obra completa: "Neuromancer" (traducido en España como "Neuromante") e que pasaría a ser o equivalente literario á pelicula de Scott para os Cyberpunks.

Escrito por foz o Fri, 22/02/2008 - 09:23.

Fai un més enterabámonos da nova de que o señor Bill Gates pretendía deixa-lo seu cargo de C.E.O. de Microsoft.

Fai uns días outra nova impactante volvia a sorprendernos: Microsoft publica as especifcacións dos seus formatos de arquivo de Office.

E hoxe mesmo, en distintos medios se recolle a nova de que Microsoft, de xeito similar ó que fai Google, publicará documentación das API dos seus productos máis extendidos, permitindo así a calquer desenvolvedor de software [incluso libre] poder realizar aplicacións compatibles cos seus productos. É 20máis, esta documentación será de acceso libre [si, gratuito] e xa avanza que non demandará a aqueles programadores de aplicacións libres que publiquen a documentación [sempre e cando non sexa con ánimo de lucro].

Escrito por foz o Mon, 11/02/2008 - 18:12.

Para aqueles que gustadesda ciencia ficción, en calquera das súas manifestacións [literatura, cine, ...] e/ou que ides tendo xa certa idade [lease, os que nacimos nos oitenta, coma o que suscribe], seguramente lembredes clásicos do cine como "Tiburón", "2010" ou "El trueno azul", ou unha das series dos noventa que comezou a despuntar polo uso de efectos visuais dixitais  dun xeito máis que anecdótico [ "SeaQuest" ].

Todas estas produccións, entre outras moitas, teñen un factor común: O actor Roy Scheider.

Scheider falecía onte no hospital da Universidade de Arcansas de Ciencias Médicas, por causas que non foron reveladas, á idade de 75 anos.

Escrito por foz o Fri, 01/02/2008 - 13:57.

A estas alturas moitos xa vos decatariades do cambio de imaxe do xornal El Progreso.

Ese cambio de imaxe, como debe ser, tamén afectou á súa edición dixital.

Pero a novidade máis interesante, baixo o meu punto de vista, está na licencia de publicación de este xornal dixital.

Se vos fixades no pé de páxina, xusto debaixo da dirección das oficinas centrais, aparece a seguinte:

Licenza Creative Commons 2.5

Algo digno de aplaudir en unha época na que os dinosauros dos medios de comunicación seguen sen tragar as novas costumbres socio-tecnolóxicas.

versión XML