Varios

Escrito por foz o Tue, 06/05/2008 - 20:38.

Neal Stephenson, autor de, entre outras, "In the beginning.. was the command line" e "Criptonomicom" volve o proximo setembro con "Anathem".

Despois de xa 4 anos dende que editara a súa última obra de ficción en solitario ["El Ciclo Barroco"], ambientada no século 18, ofrecerá en este novo título a súa particular visión dun futuro caótico. [moi cyberpunk].

Escrito por foz o Wed, 19/03/2008 - 14:43.

WikiMedia Commons : Image:Clarke sm.jpg

 Sir Arthur Charles Clarke: [ Minehead, Somerset, U.K. 16/12/1917 - Colombo, Sri Lanka 19/03/2008 ].

Autor de, entre outras obras, a saga clásica da sci-fi: "Odisea" baseada nun relato curto previo "The Sentinel" e que tamén deu pé á versión cinematográfica do mesmo nome dirixida por Stanley Kubrick.

 Clarke, de 90 anos de idade, falecía aproximadamente ás 21:30 [hora española, 1:30 hora de Sri Lanka] debido a problemas respiratorios.

Escrito por foz o Sun, 24/02/2008 - 00:06.

O pasado domingo, 17 de febreiro, a canle norteamericana NBC estreaba "Knight Rider".

A TV movie de 2 horas de duración (incluidos comerciais) ven a ser unha [nova] secuela da clásica serie homónima dos oitenta [en España "El Coche Fantástico"].

Coa película/piloto, pretenden relanza-la historia e que de aí saia unha serie [vese que están faltos de ideas], anque non é seguro de todo.

Escrito por foz o Fri, 01/02/2008 - 13:57.

A estas alturas moitos xa vos decatariades do cambio de imaxe do xornal El Progreso.

Ese cambio de imaxe, como debe ser, tamén afectou á súa edición dixital.

Pero a novidade máis interesante, baixo o meu punto de vista, está na licencia de publicación de este xornal dixital.

Se vos fixades no pé de páxina, xusto debaixo da dirección das oficinas centrais, aparece a seguinte:

Licenza Creative Commons 2.5

Algo digno de aplaudir en unha época na que os dinosauros dos medios de comunicación seguen sen tragar as novas costumbres socio-tecnolóxicas.

Escrito por foz o Fri, 01/02/2008 - 10:15.

En 2006, Douglas Coupland, autor de Microsiervos [e santo patrón dos idem], saca a novela JPOD, que trata sobre un grupo de persoas que traballan [bueno, + ben adicanse a procrastinar] en unha empresa de videoxogos onde organizan os departamentos pola inicial do apelido.

A principios de este ano, a cadea de tv canaciense CBC comezou a emitir unha serie homónima baseada no libro e que conta co propio Coupland como productor executivo.

JPOD mistura o factor geek de "The IT Crowd" coa transgresión de "Weeds", asi que, se vos gustaron estas series, dádelle unha oportunidade. De momento levan 4 capítulos emitidos, están dispoñibles nos canais de distribución internación habituais, pero se non vos levades ben co inglés, podedes esperar a marzo posto que a canle Buzz de Teuve mercou os dereitos para España.

Escrito por ianpaice o Tue, 27/11/2007 - 01:09.
Foto de ianpaice

The IT Crowd é unha serie sobre o departamanto de informática de unha empresa. A serie é inglesa e emitirase en Canal+. Aqui tedes o primer capitulo en castelan para descarga por BitTorrent.

http://thepiratebay.org/tor/3908758/Los_informaticos_-_1x01_.avi

Escrito por Uxia o Fri, 09/11/2007 - 17:32.
Foto de Uxia

Boas!

Informovos de que a party de Lugo volve pola que será a 2ª edición nas datas do 30 de novembro ao 2 de decembro. Dende esta semana está aberta a inscripción a traves da sua web, pra máis información visitade a páxina da LudusParty

Esta celebrase no Recinto Ferial, abri as suas portas o venres dia 30 de novembro as 15:00h e cerrará o domingo dia 2 de decembro as 18:00h, dispoñen dunha linea de 20Mb, rede local ata 1Mb, servidores publicos con xogos, zona de videoconsolas, aula de conferencias e talleres.

 

Sau2 a todos!

Escrito por ianpaice o Sun, 19/08/2007 - 15:16.
Foto de ianpaice

O xurado de PartyFoz2007 necesita axuda polo que vos pedimos que votedes a "gañadora" dunha destas tres fotos do concurso.

Foto Mono (Gañadora)

Tenda

Brothers Of Metal

Fume

Enerxía

Votade a mais orixinal!!!!

Escrito por XeiK o Wed, 07/03/2007 - 14:37.
Foto de XeiK

Hoxe leendo www.agnix.org encontrome ca seguinte noticia:
O SERGAS acaba de licitar un concurso público para ampliar 4.000 licenzas do seu portal e intranet, baseado en M$ Sharepoint. Vanse gastar ata 653,140 € nesas 4.000 licenzas, polo visto válidas por dous anos.
Como moitos saberedes, Igalia denunciou por vía administrativa, en 2005, os dous concursos que deron lugar a esta infraestrutura baseada en Sharepoint...

Escrito por ianpaice o Tue, 06/03/2007 - 23:43.
Foto de ianpaice


Unha folla de Marihuana regula o tráfico en Solivella (Tarragona).
Uns rapaces utilizaron un rotulador para que a forma do semáforo se convertira nunha folla de Marihuana. Atención á imaxen.
 
 
 
Extraido de 20 Minutos
 

versión XML