As licencias Creative Commons

Escrito por ianpaice o Tue, 13/02/2007 - 04:22.
Foto de ianpaice

Nos últimos anos a posibilidade de dixitalizar calquer tipo de contido multimedia está provocando moitos cambios demasiado bruscos en industrias que levaban demasiado tempo estancadas.

Os discos de música e as películas de cine están caseque no mesmo día do estreo dispoñibles en Internet para a súas descarga gratuita. Pódese argumentar sobre a legalidade de descargar estos archivos a través de redes P2P, pero non se pode excluir deste xuizo o beneficio que supón para toda a humanidade que todo o coñecemento estea a disposición de todos e de forma gratuita.

Quizá a maior parte do contido destas redes P2P non sexa cultura propiamente dita, pero o mesmo método que para estas descargas se utiliza para compartir os libros de autores clásicos, películas que fixeron historia, manuais de aprendizaxe sobre diferentes materias e pon, en definitiva, ó alcance de todos un archivo infinito de material de aprendizaxe e formación.

Moitas destas industrias, en especial a da música, a través dos seus representanteis legais e asociacións actúan dunha forma mafiosa para alcanzar máis beneficios dos que realmente lles corresponderían, escondendose sempre nos mesmos motivos para impoñer impostos, canones e cobrar de calquer tipo de representación artística.

Aproveitándose dos contactos nas máis altas esferas e a súa repercusión pública nos medios tradicionais de comunicación infunden mentiras que perxudican e criminalizan a todos usuarios de Internet. E como resultado final a cultura está en mans de mercachifles, impostores e mafiosos. Esas mentiras infundadas pola SGAE, PROMUSICAE, etc convértense en certas para todos aqueles que non están enterados do que realmente ocurre dentro de Internet.

O ataque mediático é imposible de conter porque estos mesmos forman parte das cadeas de televisión que nos “desinforman” e dos periódicos que nos manipulan.

Desde GALITE queremos potenciar o uso de novas formas de licenciar e rexistrar os contidos creados polos autores para permitir o aproveitamento real das súas creacións ó tempo que entregan as libertades que así desexen.

En definitiva, que o autor volva a retomar o control das súas creacións para evitar que outros as usurpen. O Copyleft xurde como unha decisión dos propios creadores que queren controlar persoalmente quen se beneficia das súas creacións e que modos poden usarse. Unha expresión máis orientada ó mercado do Copyleft son as licencias “Creative Commons”.

As licencias “Creative Commons” constituen unha base xurídica e legal rexistradas en todos o mundo que permiten ós autores defender as suas creacións para as cales crearán licencias específicas que indicarán que cousas se poden facer.

Video explicatorio das licencias

 

Obter a licencia

Cando teñas feita a túa elección tendrás a licencias adecuada para o teu traballo expresada en tres formas:

Commons Deed: Un resumen lexible poos humans do texto legal cos iconos relevantes.

Legal Code: O código legal completo no que se basa a licencia que escolliches.

Digital Code: O código dixital, que pode leer a máquina e que sirve para que os motores de búsqueda e outras aplicacions identifiquen o teu traballo e as suas condicions de uso.

Utilizar a licencia

Unha vez escollida a túa licencia tes que incluir o botón “Creative Commons – Algún dereitos reservados” na túa web, cerca do teu traballo. Este botón enlaza co Commons Deed, de forma que todos poidan estar informados das condicions da licencia. Si encontras que a tua licencia foi violada, entonces tendrás as bases para poder defender os teus dereitos.

Gracias ás licencias “Creative Commons”, que constituen un marco legal para a defensa dos autores, estes poden compartir a súa creación á vez que a protexen. Seguro que ainda quedan moitos pasos por dar, novas leis e resolución xudiciais pero esta claro que Internet afectará o modo que temos de comunicarnos.