NavegaciónDistribuirCultura LibreUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 200 invitados conectado.
|
Software LibreEscrito por ianpaice o Thu, 01/02/2007 - 02:07.
Xurde como a revelión dos Hackers perante as compañías informáticas que intentan impoñer un monopolio de Software e privatizar o uso de Internet para aqueles que se puideran permitir o desenvolso económico. GNU/Linux, do cal podemos ter a idea de ser un Sistema Operativo de caridade, revélase, Varias CC.AA. Como Extremadura, Cataluña, Andalucía e agora Galicia/Galiza iniciaron estudos de viabilidade e producción para utilizar GNU/Linux en toda a administración. Existen exemplos cercanos como a Administración e a rede de Educación de Extremadura completamente funcionando en GNU/Linux asi como a Administración Pública da cidade de Berlín en Alemaña. Xigantes informáticos como IBM, Hewlet Packard, Oracle ou SAP teñen os seus servidores corporativos en GNU/Linux e ofrecen soporte ós seus clientes para correr as súas aplicación baixo o mesmo Sistema Operativo. Pero o Software Libre non se limita somentes a Linux. Ainda que GNU/Linux sexa o máximo exponente do Software Libre, existen mercado solución empresariais totalmente funcionais e operativas a nivel productivo como poden ser: ERP's: OpenXpertya, OpenBravo, Compiere... CRM: SugarCRM CMS: Joomla, ezpublish, Mambo... Existen moitos outros programas como Navegadores Web como Mozilla Firefox, clientes de correo electrónico como Mozilla Firebird ou Evolution, programas de xestión económica, debuxo CAD, diseño gráfico e retoque fotográfico profesional como GIMP e aplicacións de escritorio como OpenOffice. Quizais un dos puntos nos que máis forte é a presenza do software libre sexa en servicios de rede e de Internet. O Servidor Web Apache acapara o 60% do mercado de servidores Web en Internet, a base de datos PostgreSQL utilizada en profesionalmente en moitas empresas, MySQL, LiteSQL e aplicación de traballo en grupo. En definitiva, o Software Libre representa a oportunidade de rentabilizar ó máximo a tecnoloxía a un baixo custo combinado con unha gran calidade á vez que independiza ós usuarios e compañías de pagar precios abusivos. |
Browse archives
Inicio de sesión de usuarioComunidade LinuxNunca máis pringao!!! |