Add new comment

Escrito por foz o Fri, 04/04/2008 - 15:15.

A 2 anos vista da data oficial na que tódalas emisións televisivas pasarán a ser exclusivamente dixitais [o chamado Apagón Analóxico], un pequeno reducto de afoutados galegos adiántanse ó plan e realizarán o seu paso á tecnoloxía televisiva dixital a partir de mañá sábado 5 de abril.

A partir de mañá, os veciños da Fonsagrada disporán de 22 canles de TDT e servirán como coellos de indias para comprobar en un entorno real como será a transición migración e como influirá nos usuarios.

Como non, todo acto que se precie debe ter políticos e autoridades varias. E, polo visto este debe ser moi importante, pois o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, será o encargado de presidilo e contará con varias autoridades, entre as cales, como é de supoñer, estará o Sr. Alcalde da Fonsagrada.

Tamén haberá "festa-jolgorio" amenizada por Rosa Cedrón e o grupo Cómplices.

Via: vertele.com
+ info: Europa Press

 

Reply



O contido deste campo é privado e non se amosará públicamente.


*

  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automáticamente.
  • You can use <object>, <embed> and <script> tags from the following sites to add media to your posts:

  • Youtube and google video links are automatically converted into embedded videos.
  • Youtube and google video links are automatically converted into embedded videos.