NavegaciónDistribuirCultura LibreUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 155 invitados conectado.
|
Escrito por ianpaice o Mon, 02/06/2008 - 00:24.
GALITE acaba de celebrar a súa primeira xunta ordinaria e acordouse millorar o servicio e estabilidade da páxina Web de Galite.org así como ampliar os servicios dispoñibles. En breve teredes noticias de un cambio a millor da páxina. En pouco días migraremos a un hosting profesional, añadiremos foros, correo electrónico, artigos e máis servicios. Estade antentos...
Saudos. Escrito por ianpaice o Tue, 27/05/2008 - 20:32.
Rentalia explícanos a traves do seu blog como foi a súa migración a GNU/Linux Ubuntu, que notaron como milloría, que problemas tiveron e a opinión dos usuarios. Desde logo unha boa información para empezar a nosa migración. http://blog.rentalia.com/2008/05/nosotros-usamos-linux.html
Saudos. Escrito por ianpaice o Thu, 22/05/2008 - 01:00.
Ainda que me guste Ubuntu e estea contento coa estabilidad e funcionamento da Ubuntu 8.04 hai que recoñecer que o proceso de actualización é moi malo, tanto que me estragou varios programas como o VMWARE que xa tiña instalado. Despois de moito bucear din coa solución, descarga do paquete de VMWARE Server para Linux, o VMWARE Update 115 e por último facer o que di este blog. E por fin funcionou. Saudos. Escrito por ianpaice o Wed, 07/05/2008 - 00:40.
Si estades interesados en fomentar a traducción o galego do Software Libre informámosvos de que Mancomún organizara os días 10 e 11 de Maio unhas conferencias en Santiago de Compostela. Programa e fechas aqui. Fonte orxinal de Mancomun.org Saudos. Escrito por foz o Tue, 06/05/2008 - 20:38.
Neal Stephenson, autor de, entre outras, "In the beginning.. was the command line" e "Criptonomicom" volve o proximo setembro con "Anathem". Despois de xa 4 anos dende que editara a súa última obra de ficción en solitario ["El Ciclo Barroco"], ambientada no século 18, ofrecerá en este novo título a súa particular visión dun futuro caótico. [moi cyberpunk]. Escrito por ianpaice o Thu, 17/04/2008 - 16:36.
Desde o concello informan de que proximamente se vai impartir un curso de deseño Web e para aqueles que estean interesados ten as seguintes características: Coste da Matricula 10€, para os alumnos da UNED ou do IES de foz 7€ Duración: 35 horas, do 23 de Abril ó 4 de Xuño Horario: De 18:30 a 21:30 Válido por 2 créditos de libre configuración. Máis información no teléfono 982141544 e no correo foz@a-coruna.uned.es Un saudo. Escrito por foz o Fri, 04/04/2008 - 15:15.
A 2 anos vista da data oficial na que tódalas emisións televisivas pasarán a ser exclusivamente dixitais [o chamado Apagón Analóxico], un pequeno reducto de afoutados galegos adiántanse ó plan e realizarán o seu paso á tecnoloxía televisiva dixital a partir de mañá sábado 5 de abril. A partir de mañá, os veciños da Fonsagrada disporán de 22 canles de TDT e servirán como coellos de indias para comprobar en un entorno real como será a Como non, todo acto que se precie debe ter políticos e autoridades varias. E, polo visto este debe ser moi importante, pois o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, será o encargado de presidilo e contará con varias autoridades, entre as cales, como é de supoñer, estará o Sr. Alcalde da Fonsagrada. Tamén haberá "festa-jolgorio" amenizada por Rosa Cedrón e o grupo Cómplices. Via: vertele.com Escrito por foz o Thu, 03/04/2008 - 11:41.
Está en inglés e xa ten algún tempo, pero vale a pena adicarlle a hora e media escasa que dura.
Via: davidgp.com |
Browse archives
Inicio de sesión de usuarioComunidade LinuxNunca máis pringao!!! |